NATACIÓN CON BEONE

Atent@s que hai máis novidades!


Como vos anunciabamos onte, este ano ofrecemos unha actividade extraescolar fóra do centro tamén: NATACIÓN.

En colaboración con @beone_fitness_sport ofertamos dous grupos de natación, en función de se os nenos saben nadar ou non, os luns ás 15:45 no centro BeOne Campolongo.

As inscricións só se poden realizar a través da anpa, enviando o formulario que vos chegou por whatsApp (e que tamén tedes na secretaría do cole) á seguinte dirección de email:
✉️anpa.celsoemilioferreiro@nontedurmas.org.

Os precios son os que vedes na infografía superior e son por cuadrimestre. Para socios da Anpa o precio é un pouquiño máis reducido.

O prazo de solicitude do primeiro cuadrimestre remata o 17 de setembro. Para o segundo cuadrimestre o prazo de solicitude será entre o 16 de decembro e o 10 de xaneiro, estade atentos. 

Importante: o traslado dos nenos ata o centro deportivo será POR CONTA DOS PAIS, pois a Anpa só se encarga neste caso de xestionar a reserva das prazas e de servir de intermediaria co centro deportivo.

Tedes toda a INFO na secretaría do cole, así como as fichas de inscrición.
Non deixedes de consultala alí mesmo, tamén no tablón de anuncios da entrada do cole, se vos interesa a actividade. 

Calquera dúbida, estamos á vosa disposición!

E a nadar!

 

Comentarios

Publicacións populares