Magosto curso 2015/16

O Magosto 

 Os mestres fixeron un montón de xogos cos que tódolos nenos dende os pequerrechos de 3 anos ata os do último curso pasárono en grande. Dende xogos co paracaidas ata o xogo do pano, pasando por carreiras de carretas, de aros, saltar a comba, probar os zancos, e como non o tiro da castaña..


Pero antes de pasalo tan ben, nos días anteriores os nenos nas súas distintas aulas fixeron uns cestiños moi chulos para recoller os seus puñados de castañas.


E nos dende a ANPA  fixemos a nosa colaboración aportando as bebidas para axudar a baixar as castañas.


       
Foi todo un placer e pasámolo pipa cos nenos. Así que aqui vos deixamos unhas fotos dos membros da ANPA que participamos nese día ( Elena, Olalla, María, Patricia e Xulia) e queremos dar as gracias a Lourdes unha mama que nos veu votar unha man.



Por certo este ano os castañeiros foron os mestres Fito e Manolo, estaban boísimas as castañas.

Comentarios

Publicacións populares