REUNIÓN URXENTE MARTES 1 DE MARZO

Estimados pais, nais e titores: o vindeiro martes 1 de marzo as 17.00h celebraremos unha reunión no salón de actos coa directiva do centro, o motivo da mesma será expoñer a nova normativa de zonificación escolar que se pretende aprobar próximamente na Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria da Xunta de Galicia.

Segundo esta normativa, eliminaranse as liñas de autobuses da zona de A Parda, a de Manuel del Palacio- A Barca para os alumnos de nova matriculación no curso 2017-18, quedando únicamente a liña da zona de Burgo-Lérez-Alba; o cal suporía un prexuizo grave para a conciliación familiar así como para as condición do centro e a súa comunidade escolar.

Apliaremos toda a información e faremos unha recollida de firmas para presentar na Xunta.

Agardamos a máxima asistencia pola vosa parte.

Comentarios

Publicacións populares