A nosa candidata ós premios Educa Abanca!

Bos días a tod@s!        
  
Retomamos o noso blog e non podería ser de mellor forma que para contarvos que a nosa profe Carmen Quinteiro está nominada os Premios Educa Abanca a mellor profesor@ de primaria de España!!       

Nos xa sabiamos o que valia Carmen, pero agora sábeo todo o país.     
  
Carmen Quinteiro leva moitos anos dando clase no noso cole e ainda que estivo dando clases de Educación infantil agora está en Educación Primaria dando clase actualmente ó curso de terceiro.  
  
Este premio é moi importante xa que son as familias as que propoñen os candidatos e así poden demostrarlle a Carmen o que significa o que ela fai nas suas clases.     
  
Moitas grazas Carmen é un orgullo que pertenzas a nosa comunidade educativa e temos moita sorte de que impartas o teu bo facer cos nosos fillos e fillas.         
     
#premioseducaabanca
   
                                                                                                                             



 


Comentarios

Publicacións populares