Ola a todas e todos!!

Estamos de volta para contarvos que temos un novo mural no cole. Tratase dun proxecto do Concello de Pontevedra no que se quere identificar ó alumnado co seu centro, e así no noso caso o debuxo ten moito que ver coa xunqueira e a illa das esculturas.

O mural está  na entrada principal do cole, así o alumnado e as persoas que vaian a secretaría ou a dirección poderán velo.

Como xa fixeran co anterior mural, os autores son Carlos Taboada e Quique Mauricio de Polo correo do vento.





Comentarios

Publicacións populares