Semana do día internacional da NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta foi unha semana importante para a nosa Anpa na que polo dia internacional da NON VIOLENCIA DE XÉNERO, organizamos moitas actividades para dar visibilidade á igualdade. 

Dende o mural que pintou Polo correo do vento no lateral do noso cole, pasando pola charla que tiveron os nosos cativos e cativas de sexto sobre "Educación libre de violencias" .  

 Tamén os nosas cativas e cativos de primeiro, segundo e terceiro tiveron contacontos con Polo correo do vento, acompañados por Antón Ke e o seu ukelele. Quedaron encantados!!!  

E o martes, as nais, pais e persoal docente do noso cole tivo a oportunidade de participar na Xornada de Formación "A IGUALDADE A TRAVÉS DAS EMOCIÓNS" con Baia Fernández.  Dende aquí queremos darlle as grazas polo moito que aprendimos e por darnos as claves para poder falar cos nosos fillos e fillas dende a igualdade. 


Todas estas actividades foron financiadas polas axudas dirixidas as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar e a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. (Secretaria Xeral de Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero)





Dende a Anpa queremos darvos as grazas a todos e todas os que participasteis!!

Comentarios

Publicacións populares