Comprometid@s cos océanos

Somos unha anpa moi nova, e quizáis inexperta, pero se algo nos sobra son ganas de facer cousas. 

Estamos comprometid@s co medio natural e coa súa defensa e conservación, de xeito que buscamos iniciativas verdes, e persoeiros que sexan reflexo destas inquedanzas para que llas transmitan @s nos@s nen@s , e pensando nisto o curso pasado puxémonos en contacto con Rogelio Santos Queiruga @rogeliosantosqueiruga, mariñeiro e influencer que traballa pola conservación dos océanos e a pesca sostible. 

Veu ó noso cole en abril de 2023, sen ningún problema, e adaptouse perfectamente ás nosas necesidades, falando para grandes e maiores e transmitindo a súa mensaxe de amor polo mar e polas especies que o habitan. 


Unha charla amena e moi sentida sobre as riquezas dos nosos mares.



Gracias!

Comentarios

Publicacións populares