ESTAMOS DE VOLTA!

Hola a tod@s!

Estamos moi content@s de retomar a nosa actividade virtual a través deste blog.

Somos a Anpa "Celso Emilio Ferreiro" do CEIP Xunqueira 1 de Pontevedra e, a través desta canle pretendemos darlle voz ás nosas iniciativas e á nosa comunidade.

Somos unha Anpa pequena, cunha directiva renovada hai un par de anos, que pretende facer cousas, dentro das súas posibilidades, para mellorar a experiencia d@s nos@s nen@s na comunidade escolar, apoiando ó cole no que podemos e intentando cubrir os ocos ós que este non chega.

En xeral, a nosa actividade básase en tres puntos: 

- integrad@s dentro da Fanpa Pontevedra, velamos polo mantemento do comedor escolar, servicio prestado pola empresa Arume Servicios. 

- contactamos coas empresas organizadoras de actividades extraescolares e ofrecemos un amplo abanico de actividades para as tardes, en colaboración co cole Xunqueira II e a empresa Anias.

- sufragamos parte das actividades que realiza o cole e que son de pago, como excursións e saídas ó teatro. A filosofía é que ós socios da Anpa estas excursións lles salgan a metade de precio, ata un máximo de 7,5 euros. 

A partir de aí, o que poidamos conseguir.

Cada curso, en setembro, dámonos a coñecer para que vos animedes a facervos socios: a cuota son 25 euros para todo o ano e con iso imos facendo cousiñas, máis grandes e máis bonitas cantos máis sexamos. 

Oxalá cada ano sexamos máis! 

Irémosvos contando o que facemos! 

Estade atent@s!

Comentarios

Publicacións populares