Iniciativa Anpa: xogos no patio

Unha das cousas das que máis orgullosas nos sentimos neste curso é a de ter levado a cabo unha actividade fermosísima e da que levabamos tempo falando: decorar os patios do cole con xogos para todos, de mil cores.

Ademáis de quedar moi bonito, de deixar contentos a nenos e profesores e, como non, a nós mesm@s, foi un reto de organización e de loxística, e unha forma moi bonita de implicarnos e implicar ás familias do cole.




Foi unnha primeira fase de traballos, que deron como resultado dúas rayuelas ou caracois, un tres en raia, un twister, un Cópiame, un salto de lonxitude, unha decena en forma de escaleira de nubes...







Antes de que remate o curso terminaremos o traballo, completando con máis xogos noutras partes do cole. Anímaste a participar? Tes algunha idea? Daremos aviso con tempo para que se una todo aquel que queira. 

O cole facémolo entre todos!

Comentarios

Publicacións populares