Escola para Nais e Pais: "Transformación de espazos educativos".

Temos cousas que contarvos! 

Estase xestando un cambio e temos a posibilidade de formar parte del: dende o Cefore e a través das Enapas ou Escolas para Nais e Pais, coa iniciativa da profesora Carmen Quinteiro @carmenquinteiro_, vanse celebrar no cole unhas xornadas para familias ás que estades tod@s convocado@s e invitad@s.

A idea é involucrar ás familias da comunidade escolar na transformación dos patios do cole para que sexan verdadeiramente inclusivos e se aproveiten ben os miles de metros cadrados dos que disfrutan @s nos@s cativ@s.

Se tes ideas, se che gustaría que os nosos patios foran dun xeito concreto ou especial, se tes maneira de colaborar con ideas ou con material...ven o día 23 de abril ó cole a intercambiar ideas e opinións: hai que diseñar, conseguir financiación, opinar...todo é benvido! 



 Esperámosvos no centro, ás 16.30h

Anímate!

Todos somos comunidade educativa!

Comentarios

Publicacións populares