NATACIÓN CON BEONE
Atent@s que hai máis novidades! Como vos anunciabamos onte, este ano ofrecemos unha actividade extraescolar fóra do centro tamén: NATACIÓN . En colaboración con @beone_fitness_sport ofertamos dous grupos de natación, en función de se os nenos saben nadar ou non, os luns ás 15:45 no centro BeOne Campolongo. As inscricións só se poden realizar a través da anpa, enviando o formulario que vos chegou por whatsApp (e que tamén tedes na secretaría do cole) á seguinte dirección de email: ✉️ anpa.celsoemilioferreiro@nontedurmas.org. Os precios son os que vedes na infografía superior e son por cuadrimestre. Para socios da Anpa o precio é un pouquiño máis reducido. O prazo de solicitude do primeiro cuadrimestre remata o 17 de setembro . Para o segundo cuadrimestre o prazo de solicitude será entre o 16 de decembro e o 10 de xaneiro , estade atentos. Importante: o traslado dos nenos ata o centro deportivo será POR CONTA DOS PAIS, pois a Anpa só se encarga neste caso de xestionar a...








